viernes, 13 de junio de 2014

domingo, 24 de abril de 2011

Presentación Editorial da Muiñeria "Os Mozos de Ortigueira"


O vindeiro venres día 29 de abril ás 20:30h. na Sala de Concertos da Escola de música terá lugar a presentación editorial dos traballos e composicións musicais do director da nosa Banda e da Escola Municipal de Música de Ortigueira (Carlos Diéguez)

Nesta presentación terá un gran protagonismo especial a composición "OS MOZOS DE ORTIGUEIRA", adicada a tódolos veciños e ós músicos integrantes da multitude de agrupacións que existiron no noso concello dende o século XIX: bandas de música, de gaitas, corais, orquestras de baile, grupos folk, de baile, de rock,...

Convidamosvos a todos a asistir á presentación editorial desta composición que está adicada a todos nós.

Se queredes escoitar esta composición ou coñecer o resto de publicacións a presentar, visitade a website de Carlos: www.carlosdieguez.net